lunes, 16 de marzo de 2015
Un dos apartados do Blog serán as diferentes actividades que podemos considerar interesantes e relevantes para poder ir ver. A primeira recomendación que vos fago é a de ir ver ¨O Primeiro Picasso" que estará ata o 24 de Maio na Coruña.
É unha exposición que se fai para conmemorar a primeira exposición deste artista na cidade herculina. A exposición está no Museo de Belas Artes e cabe destacar que a entrada é de balde. Se podeder ir, non o dubidedes.
A mostra componse de máis de 200 pezas, 81 delas realizadas polo propio artista, e dividades en nove seccións, que nos permitirán afondar no coñecemento do período coruñés de Picasso. A través, de pinturas, debuxos, documentos e fotografías, mergullarémonos na súa historia familiar, na relación que mantivo con artistas contemporáneos galegos ou as influencias recibidas por mestres como Isidoro Brocos. Poderemos ver tamén a devoción que xa de neno mostraba por pintar motivos paisaxísticos e animais, ou como comezaba a agudizar a súa capacidade crítica e irónica, plasmada en xornais que el mesmo realizaba, como Azul e Branco.
Para máis información: http://www.rtve.es/noticias/20150218/primer-picasso-pinceles-nino-acento-gallego/1100713.shtml
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario