jueves, 19 de marzo de 2015

Pestaña Costa da Morte

Hola a todos, na pestaña Costa da Morte tedes unha pequena guía sobre a zona a que pertenzo, Espero que vos guste esta zona, a súa historia e que veñades a coñecela.

lunes, 16 de marzo de 2015


 Un dos apartados do Blog serán as diferentes actividades que podemos considerar interesantes e relevantes para poder ir ver. A primeira recomendación que vos fago é a de ir ver ¨O Primeiro Picasso" que estará ata o 24 de Maio na Coruña.

É unha exposición que se fai para conmemorar a primeira exposición deste artista na cidade herculina. A exposición está no Museo de Belas Artes e cabe destacar que a entrada é de balde. Se podeder ir, non o dubidedes.


Costa da Morte.

Un das seccións que teremos neste blog é darvos a coñecer os diferentes entornos que nos podemos encontrar en Galiza. Hoxe comezamos pola miña zona, pola Costa da Morte.
Cal é o porqué deste nome? Son moitas as leiendas que hai sobre esta zona. Unha delas, pode ser a máis coñecida, é a dos labregos que na profundidade da noite iban cos seus burros cara a costa con unhas lanternas para simular faros ou outros barcos. No mar, os barcos vían esas luces e acercábanse a terra e cando chegaban a terra pois encallaban na costa e nese momento era cando os labregos-ladróns se aproveitaban e lles roubaban e moitas veces ata os mataban.

Primeira Entrada.

Boas a todos, comezamos unha nova andadura con un novo Blog sobre a Cultura de Galiza. Chamome Alejandro e son estudante de Animación Sociocultural no CIFP Ánxel-Casal. O meu obxectivo con este blog e que todos poidamos coñecer un pouco mellor Galiza, o seu entorno e as diferentes actividades que se fagan nas provincias.